Deseñadora gráfica e ilustradora

Ola! Son Rebeca! Encantada de coñecerte ;). Son deseñadora gráfica e ilustradora. Bota un ollo ao meu porfolio.

+7

Anos de
experiencia

+100

Ilustracións
entregadas

+90

Identidades
creadas

Dende sempre, o meu potencial é a creatividade. Así que este é un espazo no que podes atopar algúns dos meus traballos como creativa: ilustración, identidade visual, fotografía, deseño de produto…

Ilustración

Materializo as túas ideas con ilustracións personalizadas que capturan momentos especiais. Retratos únicos, escenas inesquecibles ou deseños exclusivos feitos coidadosamente para ti ou como agasallo para alguén querido. Traballo artístico de alta calidade, adaptado aos teus gustos e necesidades.

Fotografía

As fotografías son unha parte fundamental do teu negocio, marca ou proxecto. Eu podo axudarche con fotografías de alta calidade para destacar o teu produto, negocio, promoción de vivenda turística.

Identidade corporativa

Encántame crear marcas e sei a importancia de destacar no mercado a través dunha identidade corporativa única e profesional. Logotipos, cores, tipografías e máis elementos adaptados á túa marca para transmitir os teus valores e conectar co teu público. Dálle forza á túa imaxe empresarial con solucións creativas feitas á túa medida.

Deseño de produto

Como boa deseñadora, encántame crear “cousas”. É por iso que tamén creo produtos. É así como nace a miña marca Son un toxo, unha marca galega coa que pretendo levar e que a xente leve un anaquiño de Galicia en cada prenda ou produto: camisetas, suadoiros, bolsas, cuncas, cadernos, chaveiros… Todo se pode facer realidade 😉

Ilustracións personalizadas

Ir ao Porfolio→

  • Ilustración para invitación de voda

    Ilustración para invitación de voda

    A ilustración perfecta para unha invitación de voda. Convértese o día máis especial nunha obra de arte. Coas ilustracións para vodas, captura a esencia da vosa historia de amor e regala emocións que perduran no tempo. Ilustración personalizada para vodas Unha ilustración para vodas non é só un detalle bonito, é un recordo que captura…

    Ver máis →

  • Ilustración personalizada

    Ilustración personalizada

    Ilustración personalizada para parellas: inmortaliza o amor nunha obra de arte única! Celebra a vosa historia cun retrato personalizado que reflicta a conexión especial entre vós dous. Ideal para aniversarios, San Valentín, vodas ou calquera ocasión onde o amor sexa o protagonista. Ilustracións feitas con mimo e atención aos detalles, adaptadas ao voso estilo e…

    Ver máis →

  • Ilustración personalizada familiar

    Ilustración personalizada familiar

    Retrato familiar personalizado: transforma os momentos máis especiais da túa vida nunha obra de arte única! Regala emoción e inmortaliza os recordos compartidos coa túa familia a través dunha ilustración feita á túa medida. Cada detalle reflicte a conexión única entre os membros da familia, converténdose nun recordo eterno. Fondos de pantalla con ilustracións personalizadas…

    Ver máis →

Identidade Corporativa

Ir ao Porfolio→

Fotografía

Ir ao Porfolio

Deseño de produto

Ir ao Porfolio→

¿Falamos?

Estarei encantada de atenderche.

Contacta, proporcióname detalles sobre a túa consulta e ntentarei responderche no menor tempo posible.